Licenciada en Ciencias Económicas, é socia traballadora e xerente de Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega. Formación específica en planificación estratéxica, xestión, administración, igualdade, responsabilidade social e contabilidade en empresas de economía social. Experiencia na xestión e administración de cooperativas e na coordinación de proxectos de intercooperación e divulgación de actividades de dinamización do cooperativismo
Posúe ampla experiencia na coordinación de tarefas e xestión de equipos en proxectos nacionais e internacionais para a Administración Pública e outras entidades. Conta cunha ampla bagaxe na xestión con colectivos para a captación e dinamización de público asistente a eventos así como na docencia de accións formativas no ámbito de busca de emprego, creación de empresas, ferramentas dixitais, etc. Actualmente forma parte da Comisión Social de Coop57 Galicia, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, Ardora é socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop e foi socia fundadora de Coop57 Galicia.